sábado, 24 de noviembre de 2012

Son: "O xogo da rá"

O xogo da rá” (El juego de la rana). Es un juego tradicional gallego. En la audición cuento su origen egipcio según un tratado de Hugo Picallo y publicado en el museo Ferro Couselo. Tengo por tanto que citar esta fuente.

La grabación es mia en el servicio gratuito online vocaroo.



Audio recording software >>

Bibliografía
Picallo, Hugo – Artículo “O xogo da rá” - web del Museo Ferro Couselo ( http://museodonaurelio.wordpress.com ) - Enlace del artículo: http://museodonaurelio.wordpress.com/2009/10/22/o-xogo-da-ra-por-hugo-picallo

Autor da audición: Xosé Antón Vicente

Video: Intercambios deportivos


Está realizado con un programa conversor gratuito online y transformé un powerpoint en video. El resultado no es bueno pues la conversor no lo era pero fué la solución más económica que encontré.

El video lo metí en un libro lim mediante la herramienta gratuita edilim y lo alojé en mi carpeta pública de dropbox. Si clicamos en el logo superior del enlace del video accedemos a la página de creativecommons con especificaciones sobre esa licencia.

Autor: Xosé Antón Vicente

Texto: "Día de magosto"

Ese día case non comín nada no Xantar. Quedara con Paulo e a súa irmá ás tres menos cuarto na eira do señor Laureano. Cando cheguei non estabamos sós, había uns vinte ou trinta mozos da aldea rindo e gastándose bromas. Paulo veume buscar... —¡Eh..., André estamos aquí! —Trouxen estas castañas, non sei se servirán. —Claro que serven, parecen moi boas, ¿Non as comprarías? —¡Non, oh! —mentín— o meu tío ten un castiñeiro grande na finca da Devesa. —Non sabía eu del... ¡ Ei, que marchan todos! Nunha gran procesión tódolos mozos e mozas da aldea iamos cara o monte cargados con bolsas, latas vellas con buratos,... había algúns que levaban ademáis machadas, sachas ou unha pá. O sitio quedaba mais lonxe do que pensaba, chamábase a "Pedra Branca" —non sei se sería pola cantidade de seixos que alí había-, era un gran claro no monte no que case non había maleza, pasaba ademáis por alí un regueiro con auga. Un dos maiores, Celso, comenzou a dirixir a organización da festa: —Tódalas castañas á caixa de cartón, as rapazas ide picándoas e tirade tódalas que teñan bicho... Uns cantos ide con Manolo a preparar o lugar da fogueira... Lelucha colle a dúas ou tres mais e ide buscar piñas e fento seco para poder prender o lume... Os que trouxeron machada e tódolos demais que veñan conmigo a buscar leña. Eu mirei para Paulo e vin que se unía ós que tiñan sacha . Fun con eles. Paulo presentoume: "Este é André o sobriño de Lino o da Congostra, é de Vigo e vai estar aquí ata o venres". "Pois que veña comigo a buscar pedras para a fogueira" — díxome un rapáz miúdo que logo sabería que se chamaba Tomás. Tomás collía pedras enormes e levantábaas como se tal cousa, eu para non ser menos trataba de collelas parecidas pero chegaba ó lugar donde logo fariamos a fogueira sen folgos. Recuperei a vida cando Paulo dixo "Deixádeo xa, ¿a onde ides con tantas pedras?". As rapazas eran as que mellor o pasaban. Mentres picaban as castañas estaban ós contos e rindo. Como ninguén trouxera unha parrilla colocamos as pedras de xeito que logo puidéramos poñer as latas enriba . As encargadas de buscar piñas, pica e fentos secos chegaron, así como as primeiras viaxes dos da leña. Dende lonxe un berrou: ¡Que di Celso que vaiades acendendo o lume! Acenderon o fento seco e piñas e de seguido comenzaron a poñerlle enriba as ramas mais delgadas. Aínda que ó principio facía un pouco de fume pronto a chama fíxose impresionante. Os que alí estabamos estivemos botándolle leña todo o tempo. O lume hipnotizounos e estabamos todos alí como apampados mirando como saltaban as charamuscas. Alguen foi ó regueiro a buscar dous caldeiros con auga para regar ó redor da fogueira e evitar que o lume puidese escapar. Celso deu a orde: ¡Deixade xa de botar leña! Esperamos ata que as chamas se apagaron por si soas e cunha pá foron levando as brasas para o lugar que nós preparamos coas pedras. O vento facía que as chamas reaparecesen de cando en vez. Distribuiron as brasas e puxemos as latas coas castañas, dandolle voltas couns paus longos. O arrecendo das castañas asadas invadeu todo o lugar. As primeiras castañas xa estaban asadas. Todos fomos coma tolos a coller a primeira. ¡Nunca probara castañas tan saborosas!. Empezaron xa a abrir as primeiras botellas con viño tinto novo. Probeino pero sóubome fatal, así que decidín beber auga do regueiro cando tivera sede. Algúns estaban subindo a unha árbore e baixando logo agarrados a unha rama delgada . Chamábano "O ascensor". A rama cada vez subía menos. De seguro acabaría rompendo. Celso veu cun adival e dixo: "A tirar pola corda: os de Trasmonte cos da Areeira. A mín metéronme no grupo da Areeira —non sei o porqué— . A primeira vez gañamos nós, pero ó longo da tarde fixemos unhas dez ou quince competicións mais. Nas últimas xa non fixen forza, tiña as máns peladas. Ó primeiro comiamos moitas castañas, pero logo estas fóronse amoreando e xa ninguén facía caso delas. Vin un balbordo e pensei que estaban pelexando. O que ocurría é que un coas mans todas negras de borro tentaba pasarllas pola cara a unha rapaza. Esta berraba e corría polo monte. Pouco despois todos facían o mesmo. Eu evitei que me manchasen un bo rato, pero cando xa estaba como os demais, metín as mans nas castañas e emborrei a todos os que puiden. Foi cando mellor o pasei. O sol marchou e puxémonos a recoller todo. De volta á casa algúns fixeron fachos coas últimas brasas e alumeaban o camiño. Os cans ladraban na aldea. Pareciamos a Santa Compaña. Despedímonos todos e cada un foi á súa casa. 

Autor: Xosé Antón Vicente
Tamén publicado na Biblioteca Virtual galega.

Carrilana


Esta imagen es propiedad mía realizada en el CEIP A Escardia en Vilagarcía de Arousa durante unos intercambios deportivos con cuatro centros de la localidad.
Está aloxada na web do CEIP O Piñeiriño

Autor: Xosé Antón Vicente

 

Tirada de bolos

Son dun partido de bolos:

 
Autor: Tomlija para freesound.org

Partido de tenis

Son dun partido de tenis:

 
Autor: Tomlija  para freesound.org

viernes, 23 de noviembre de 2012

Actividades ao aire libre

Clipart que procede da web: openclipart.org
URL da imaxe

Licenza: procede dunha páxina de cliparts libres. Sobre a licenza especifican: http://openclipart.org/dmca

Bolos





Clipart que procede da web: openclipart.org
URL da imaxe: 

Licenza: procede dunha páxina de cliparts libres. Sobre a licenza especifican: http://openclipart.org/dmca



 

Lanzamento do xogo da chave


Autor: ciclosdeporte

 

Xogo dos bolos celtas



Autor: Birlo para ciclosdeporte

Regras dos bolos celtas

Documento coas "Regras dos bolos celtas"

Autor: Gabriel, webmaster de ciclosdeporte.wordpress.com



Unidad didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos

Documento: "As actividades no medio natural na área de Educación Física"

Este documento, ao ser realizado durante unha licenza de estudos retribuida da Consellería de Educación da Xunta de Galicia entendemos que ten a licenza que estipula a convocatoria.
Autor: Oscar Lamiño Canedo

Pelouros

Para traballar o tema da "habilidade".




Creative commons con restricción de autoría
Os contidos, así como a imaxe e presentación do sitio web xogospopulares.com, están protexidos baixo unha Creative Commons License
URL da imaxe: 

A chave

Imaxe para traballar o tema dos xogos populares en Galicia. Concretamente trátase dunha "chave" para traballar os lanzamentos.


Creative commons con restricción de autoría
Os contidos, así como a imaxe e presentación do sitio web xogospopulares.com, excepto os anotados aparte, están protexidos baixo unha Creative Commons License .
URL da imaxe: