jueves, 23 de abril de 2015

Remate do curso de Ambientes persoais de aprendizaxe

Nestes días rematamos o curso de Ambientes persoais de aprendizaxe dentro da plataforma PLATEGA. Estrenamos con el a nova versión de Moodle pasando da 1.9 á 2.6. Vese todo máis limpo e mellorou estéticamente.

No curso fedellamos con moitas ferramentas da web 2.0. Moitas delas xa coñecidas: Google sites, Google Drive, Dropbox, Pinterest, Bloogger, Twitter, Diigo,... Aínda que coñecidas sempre está ben darlles unha volta e atoparlles novas utilidades para o noso traballo de aula.

Grazas ao curso revitalicei a miña conta de twitter (@anegado) que aínda que non estaba abandonada non estaba aproveitando toda a potencialidade que amosa esta rede social no campo educativo. A conta de Facebook úsoa habitualmente para cuestións máis mundanas.

Descubrín algunha nova ferramenta como Freedly (unha boa alternativa ao Google Reader), avaliei aos meus compañeiros e a mín mesmo nos talleres de Moodle, reflexionei sobre o meu PLE, e sobre todo coñecín a profesionais que a pesares do duro traballo diario na aula buscan tempo para formarse dándoo todo de sí para que estas actividades formativas sexan máis que un curso co que poder xustificar un sexenio.

E por último dar as grazas aos titores José Vicente e Carlos así como ao coordinador da actividade Nacho que estiveron sempre aí para o que fixese falta.

Xosé Antón Vicente - Licenza: CC: BY-SA



lunes, 30 de marzo de 2015

Curación social de contidos (Social Content Curation)

Rohit Bhargava define en 2009 o concepto ‘content curation’ como “o acto de buscar, agrupar, organizar e compartir o mellor contido, e o máis relevante dun determinado tema”.
É á ferramenta fundamental para combater a "Infoxicación" filtrando os contidos de xeito intelixente.
Son moitos os servizos que axudaron a que o termo se popularizase e se convertise nun dos eixos e profesións fundamentais da Web 2.0: Pinterest, Etceter, Storify, Scoop.it ou Flipboard.
É unha rede social enfocada ao coñecemento, un xeito de informar e informarse con calidade nuns tempos caracterizados pola sobredose de contidos.

O método das 4 S de Silvia Palomino - Licenza: (CC: by-nc-nd)


Para saber máis:
Los Content Curators de Javier Guallar e Javier Leiva Aguilera. Autores do libro "El content curator" e do sistema "Las 4S's de la Content Curation"

sábado, 21 de febrero de 2015

Ferramentas da web 2.0 (para usuarios con competencia tic básica)

Web 2.0 Map, imaxe de Markus Angermeier . Licenza: CC: By-Sa
Web 2.0 Map, imaxe de Markus Angermeier . Licenza: CC: By-Sa


As ferramentas de autor permítenos aos docentes crear as nosas actividades educativas en formato dixital sen apenas coñecementos técnicos. Dentro do abano das ferramentas de autor hai algunhas inmediatas que cun mínimo de configuración podemos obter resultados óptimos. Estas ferramentas estarían destinadas a docentes cunha competencia TIC básica.

As ferramentas da Web 2.0

Dentro de este tipo de utilidades inmediatas temos as ferramentas da web 2.0 que son aplicacións gratuitas e alonxadas na web que nos permiten crear aplicacións dixitais educativas sen ter que instalar nada no ordenador. Nalgunhas ocasións hai versión PRO ou de pago que nos ofrece maiores posibilidades en canto ao número de páxinas a crear, funcionalidades, evitar publicidade ou marcas de auga intrusivas,...

"A Web Social, ou Web 2.0, nace como complemento aos servizos xa existentes en Internet: a web, os servizos e portais de busca de información (Google, Yahoo), os sistemas de comunicación (correo electrónico, foros, etc). Céntrase nas contribucións de usuarios da rede para o seu desenvolvemento, aportando ou revisando e modificando os contidos, de todo tipo e formato, presentes na rede.

Por outra parte, todos os servizos da Web 2.0 implican un cambio básico no fluxo de información e de datos. Nos servizos baseados na Web 1.0 o fluxo de datos era desde os servidores aos clientes, é dicir, o fluxo era de baixada ou intercambio de datos desde o emisor ao receptor. Agora, nos servizos baseados na Web 2.0, a tendencia invertese e comeza a haber tanto fluxo de baixada de datos e información, como fluxo de subida de datos desde o cliente ao servidor; o receptor convertese tamén en emisor.
En consecuencia, todos estes servizos proporcionan un avance tanto tecnolóxico coma intelectual e ademais o mesmo tempo permiten a todos os usuarios cunha conexión a internet participar neste avance informático a nivel xeral".