jueves, 23 de abril de 2015

Remate do curso de Ambientes persoais de aprendizaxe

Nestes días rematamos o curso de Ambientes persoais de aprendizaxe dentro da plataforma PLATEGA. Estrenamos con el a nova versión de Moodle pasando da 1.9 á 2.6. Vese todo máis limpo e mellorou estéticamente.

No curso fedellamos con moitas ferramentas da web 2.0. Moitas delas xa coñecidas: Google sites, Google Drive, Dropbox, Pinterest, Bloogger, Twitter, Diigo,... Aínda que coñecidas sempre está ben darlles unha volta e atoparlles novas utilidades para o noso traballo de aula.

Grazas ao curso revitalicei a miña conta de twitter (@anegado) que aínda que non estaba abandonada non estaba aproveitando toda a potencialidade que amosa esta rede social no campo educativo. A conta de Facebook úsoa habitualmente para cuestións máis mundanas.

Descubrín algunha nova ferramenta como Freedly (unha boa alternativa ao Google Reader), avaliei aos meus compañeiros e a mín mesmo nos talleres de Moodle, reflexionei sobre o meu PLE, e sobre todo coñecín a profesionais que a pesares do duro traballo diario na aula buscan tempo para formarse dándoo todo de sí para que estas actividades formativas sexan máis que un curso co que poder xustificar un sexenio.

E por último dar as grazas aos titores José Vicente e Carlos así como ao coordinador da actividade Nacho que estiveron sempre aí para o que fixese falta.

Xosé Antón Vicente - Licenza: CC: BY-SA